Ideas

Van xurdindo ideas a medida que un vai desenvolvendo a actividade docente coas TIC. Agora ocorréuseme dedicar un novo blog para ter a man e ben clasificados os recursos que utilizo nas miñas clases. Así resulta máis asequible a súa utilización do que está a resultar neste blog e nos wikis. Polo tanto, deixarei de publicar neste e podedes atopar o novo clicando na imaxe.

 

tic56.jpg
Posted in Xeral. Etiquetas:. No Comments »

18 de febreiro

Toda a mañá dándolle voltas á calibración do wii e á situación da pantalla. Finalmente optei por proxectar sobre o encerado analóxico. Ó reducir o tamaño da pantalla de proxección (antes era a parede), acadei unha boa conexión e puiden utilizar o punteiro sen problema. Activei o desktop do software da Smart Board e conseguín debuxar e escribir. Deixeino todo en pausa e unha hora despois xa non funcionaba. Daquela utilizamos o encerado analóxico como encerado dixital, algo interactivo a golpe de rato e bastante máis a través do profesor. Realmente soluciona moito o do encerado analóxico-dixital porque @s alumn@s resolven as actividades dixitais proxectadas enchendo os ocos co xiz, eu corrixo e @s alumn@s tamén. Borramos, seguimos as explicacións dixitais, e así sucesivamente. Non está nada mal esta combinación. Bueno, seguirei investigando a calibración, pero de momento resulta moi efectivo o sistema. ¿Serendipia? Agora temos un encerado analóxico-dixital interactivo.

15 de febreiro

Primeiro intento de instalar unha pizarra dixital de baixo custe na aula. Só dispuxen de media hora e tiven que resituar varias veces o proxector e o mando da wii. Co bluetooth non houbo problema. Ó final parecía que funcionaba un pouco. O luns seguirei intentando…
Posted in Xeral. No Comments »

14 de febreiro

Traballamos cos decimais na aula. Grazas a estes recursos @s alumn@s van aprendendo e, sobre todo, comprendendo a relación entre as divisións, as fraccións e os decimais. Os exercicios do libro non abondan para chegaren a tales niveis.
Posted in Xeral. No Comments »

Voki

Posted in 1. No Comments »

12 de febreiro

Na aula de informática: resumes, debuxos e matemáticas (os decimais).

Na aula: o relevo, repaso.

Posted in Xeral. No Comments »

11 de febreiro

Posted in Xeral. No Comments »

30 de xaneiro

Educación para a paz na aula e no encerado dixital. Un día moi pacífico.

Posted in TIC. No Comments »

29 de xaneiro

Estudamos as montañas de España co proxector en moi pouco tempo. Co mapa do libro de texto levaría moito máis tempo, máis traballo, e sería menos agradable.

Miramos recursos de educación para a paz: lecturas, cancións…

Pola tarde, no encerado dixital, fixemos actividades de educación viaria.

Posted in TIC. No Comments »

28 de xaneiro

En Matemáticas estudamos coordenadas e figuras planas co proxector. O enlace dos perímetros non funcionou (deficiente conexión, de novo).

En Coñecemento: tornados, furacáns e tremores.

Posted in TIC. No Comments »